• 21 de mayo Día europeo de la Red Natura 2000

    21 de mayo Día europeo de la Red Natura 2000
  • Socios

    Asociación Transnacional: España - Bulgaria - Estonia - Rumanía - Islandia
  • Curso Piloto Sobre RED NATURA 2000

    La FOZ. Estuario del rio Miñor. Ramallosa - Val Miñor
    + Info
  • La Foz - Ramallosa - Nigrán - RED NATURA 2000

    La Foz - Ramallosa - Nigrán - RED NATURA 2000 - Zona LIC
  • Curso Piloto

    Curso Piloto. 27-31 mayo 2013. NICHOS DE EMPLEO RED NATURA 2000
  • ECONAT

    Transferencia de una nueva capacidad para acceder a las necesidades del mercado de trabajo en relación con la gestión de los Espacios Naturales euro
  • ECONAT

    Islas Cies - Galicia. Zona LIC - ZEPA de la RED NATURA 2000.
  • ECONAT

    Impulso del principio de igualdad de oportunidades en las áreas de trabajo .
  • ECONAT

    Fomento de la integración del nuevo aprendizaje con la actividad laboral. Transferencia, diseminación y consolidación de un modelo de buenas práct
  • Red Natura 2000

    RED NATURA 2000 - Red ecológica europea de áreas de conservación de la biodiversidad.
  • ECONAT

    Transferencia a nuevos contextos socio-culturales y lingüísticos.
  • ECONAT

    Potenciación de la implicación de centros de formación, educación no formal, grupos de acción local, empresas ... en el desarrollo del proyecto.

Plan de Conservación da Píllara das dunas en Galicia

Noé Ferreira Lorenzo, acudiu o pasado mércores, día 28 deste mes de marzo, á Mesa de participación pública, nas dependencias da Xunta, en Pontevedra, para tratar da aprobación do Plan de Conservación da Píllara das dunas en Galicia.



Estas mesas de participación teñen como obxectivo recoller as aportacións que as distintas entidades, públicas ou privadas, relacionadas, neste caso, coa píllara, aporten, critiquen corrixan..., o borrador do decreto presentado pola Xunta, antes da súa definitiva aprobación.



O principal obxectivo no Plan de Conservación da píllara é chegar ás 250 parellas reproductoras. Chegado a este punto, xa non estaría incluída no Catálogo de Especies "Vulnerables" da Xunta. A este respecto, Noé Ferreira propuxo, en nome de ANABAM, que conseguida esa finalidade, a píllara non se debe sacar do catálogo, dado que, entón, pode volverse facilmente á situación anterior ao deixarse de tomar as medidas que darían lugar a súa recuperación.



Entre as medidas de protección que se propoñen é a de instalar gaiolas de 3 metros de diámetro. Neste senso, dada a experienecia acumulada de ANABAM, ao longo de máis de dez anos e que xa se están a poñer en práctica por outros grupos e entidades en varios puntos da xeografía peninsular, Noé alega que as gaiolas poden estar moi ben, pero se non se crea, á vez, un perímetro de seguridade, que estaría entre os dez e os doce metros de radio, a efectividade sería mínima ou, mesmo, nula. Neste senso temos que engadir, dende ANABAM, que as gaiolas non teñen que ser tan esaxeradamente grandes, basta con unha dun metro de diámetro, pero si é necesario un perímetro de protección que teña as medidas indicadas porque, como puidemos comprobar, as píllaras acaban por adaptarse á distancia de seguridade e permanecen no niño sen lerguerse e huír.



Na praia de Camposancos, no proxecto figura un área de nidificación da píllara que non é real, deixando fóra, por exemplo, as praias do Muíño, Forte e Lamiña, polo que acordouse que se lle enviará, dende esta asociación, a área de nidificación real da píllara en Camposancos.


Relacionado: http://www.anabam.org/PROTECION%20PILLARA%20NOUTRAS%20ZONAS.html
    Aviso Legal · mapa web  Área privada